ACT TV 2014

ENTREVISTAS

28 Ago 2014

Bilbao tamén rema coa Liga San Miguel

Bilbao tamén rema coa Liga San Miguel

A ría de Bilbao acollerá este domingo a decimosétima xornada da Liga San Miguel

Este domingo, a partir das 12.00 horas, porase en xogo a V Bandeira de Bilbao con motivo da disputa da decimosexta xornada da Liga San Miguel. Para isto, hoxe celebrouse o acto de presentación desta bandeira no Concello de Bilbao.

Na quinta edición desta regata as traíñas percorrerán tres millas náuticas en augas da ría de Bilbao, nas que enfrontarán catro longos e tres ceavogas, onde a saída e a chegada estarán situadas á altura da casa do Concello de Bilbao.Esta regata disputarase en formato de contra o reloxo, e para iso, os 12 equipos dividiranse en tres quendas nas que as traíñas sairán con un intervalo dun minuto entre elas. As quendas, cómpre lembrar, estarán formadas seguindo a clasificación xeral da Liga San Miguel.

Á presentación asistiron Sabin Anuzita, concelleiro da área de Euskera, Mocidade e Deporte do Concello de Bilbao; Borja Rodrigo, de Deustu Arraun Taldea; e Pedro Andueza, presidente da ACT. Quixeron salientar que despois do paso da Liga San Miguel por cidades importantes como Barcelona ou San Sebastián, Bilbao tampouco podía faltar neste calendario. Pola súa banda, Pedro Andueza salientou a honra que é para a ACT retornar a un escenario de tanta relevancia como é Bilbao.

Voltar