Novas 2017

ESPECIAL

21 Xu˜ 2017

Bikendi Alza pon ritmo ao mes de xuño

Bikendi Alza pon ritmo ao mes de xuño

Bikendi Alza, remeiro de Hondarribi, pon notas relaxantes nunha #PlaylistJunio que chega xusto antes do comezo da Liga
 

Para Bikendi Alza, Hondarribiarra e remeiro da “Ama Guadalupekoa”, a tempada pasada foi a primeira na que loitou pola Coroa Caixabank. Este ano seguirá con eles para tentar levaren o trofeo que se lles escapou no ano pasado. Neste mes de xuño, a falta de dúas semanas para o comezo da Eusko Label Liga, é el quen pon música a estes momentos tan intensos e cheos de esforzo.

Esta Playlist tan variada está composta polas 20 cancións favoritas do remeiro. Nela atopamos cancións tranquilas e relaxantes como Wish You Were Here de Pink Floyd ou Good-by de Stacey Earle; ou outras máis cañeiras e movidas como Don´t Stop Me Now de Queen ou En La Esquina Del Zorro de Barricada. Aínda así, a maioría delas son bastante sosegadas, o que contrasta cos momentos inquietos que vive o remeiro actualmente á espera de encetar unha nova tempada da Eusko Label Liga.

Voltar