ACT TV 2018

ESPECIAL

12 Set 2018

Así chegan as embarcacións ao playoff

Así chegan as embarcacións ao playoff

Recollemos as sensacións de San Juan Sumelec, Samertolameu Oversea, San Jose XV Astillero, Ares e Lekittara Elecnor antes do transcendental encontro

O playoff da Eusko Label Liga é un dos momentos máis excitantes do ano, onde 5 embarcacións concursan por apenas 2 prazas para estaren a vindeira tempada remando na elite. Este ano os contendentes serán San Juan Sumelec, Samertolameu Oversea, San Jose XV Astillero, Ares e Lekittara Elecnor. 

Os adestradores destas cinco embarcacións cóntannos as súas impresións de cara esta fin de semana, as sensacións coas que chegan as tripulacións e as súas preferencias nos dos campos de regata nos que se xogará o playoff. Tamén lles pedimos que nos digan cal sería o titular que lles gustaría ler luns na prensa. Sábado o playoff xogarase na Bandeira Bermeo Hiriko XXXVI. e domingo será a vez da ría coa XLIV Bandeira El Corte Inglés coa que se pechará a tempada. 

Voltar