Novas

ESPECIAL

25 Out 2019

Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Nadeth Agirre o Trofeo á Mellor Patroa

Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Nadeth Agirre o Trofeo á Mellor Patroa Arkaitz Diaz recibe o Trofeo ao Mellor Patrón CaixaBank e Nadeth Agirre o Trofeo á Mellor Patroa

O patrón da Donostiarra vence na categoría masculina e a oriotarra estrea o palmarés feminino

Arkaitz Diaz, patrón da Donostiarra, foi galardoado hoxe como Mellor Patrón CaixaBank da Eusko Label Liga na cea de patróns anual celebrada na Sociedade Cachi Bachi de Zarautz. Con esta primeira vitoria, Arkaitz Diaz convírtese no noveno patrón en se sumar ao palmarés deste Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón.

Canda el, Nadeth Agirre, de Orio Babyauto, recibiu da man de Borja Rodrigo, presidente da ACT, o galardón á Mellor Patroa da competición feminina na que foi a primeira edición deste premio. A patroa do club campión da Liga Euskotren logra a dupla ao liderar tamén esta nova clasificación. Canda o Trofeo, Nadeth tamén recibiu o correspondente premio de 3.000 euros.

O acto contou coa presenza dunha ampla representación de patróns tanto da Eusko Label Liga como da Liga Euskotren. Antes desta entrega, entregóuselle unha réplica do trofeo a Ander Etxegoien, patrón de San Pedro, vencedor deste galardón na tempada pasada. José Manuel Oyarbide, directivo da entidade sanpedrotarra, recibiu a réplica no seu lugar ao non ter podido asistir o patrón guipuscoano ao evento.

O acto culminou coa entrega do Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón a Arkaitz Diaz, quen de mans de Estíbaliz Areitio, directora da Área de negocios de CaixaBank en Gipuzkoa, recibiu un cheque por valor de 3000 euros.

PALMARÉS MELLOR PATRÓN CAIXABANK

3 - Ioseba Amunarriz (2009, 2012 e 2017).
2 – Asier Zurinaga (2011 e 2013) e Endika Perez (2015 e 2016).
1 – Unai Oliden (2016), Vicente Carpintero (2014), Aitor Carrillo (2010), Irakoitz Etxeberria (2008), Ander Etxegoien (2018) e ARKAITZ DIAZ (2019).
 
PALMARÉS MELLOR PATROA

1 – NADETH AGIRRE (2019)

Voltar