Novas 2017

ESPECIAL

12 Abr 2017

Ao mando da mudanza xeracional

Ao mando da mudanza xeracional

Juan Mari Etxabe, adestrador de San Juan Sumelec, cóntanos os pormenores da pretempada dos seus

Tras cinco anos ao mando dos rosas, Joseba Fernandez emprendeu en outubro un novo proxecto á frente de Urdaibai Avia. O home escollido para cubrir o oco deixado por Fernandez ao frente de San Juan Sumelec é Juan Mari Etxabe, asume este novo reto pasando dun equipo que gañou e dominou as tres últimas edicións do campionato feminino, a outro que quere voltar colarse entre os mellores da Eusko Label Liga.
Etxabe, un “home de club” en San Juan, asume este novo reto pasando dun equipo que gañou as tres últimas edicións do campionato feminino, a outro con aspiracións ben distintas. O equipo rosa enfronta agora con ambición unha mudanza xeracional con un plantel no que salienta unha ampla representación de canteiráns que segundo o adestrador guipuscoano “traballaron moi ben neste inverno”.

Voltar