Novas 2018

ESPECIAL

21 Mai 2018

Aitor Lazcano, encargado de lle pór o ritmo ao mes de maio

Aitor Lazcano, encargado de lle pór o ritmo ao mes de maio

Aitor Lazcano, o mozo patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia é o encargado de animar este chuvioso mes de maio

Este mes o patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, o mozo Aitor Lazcano fainos unha proposta onde os principais xéneros musicais son o reggaetón e o trap, con cancións dos coñecidos artistas Don Omar ou Wisin e Yandel no primeiro xénero e de Ozuna ou Ele A El Dominio no trap.

Pero isto non é todo, nesta playlist tamén atoparás cancións máis tranquilas como ‘Llegará’ de Beret, óptima para escoitar nos teus momentos máis tranquilos ou ‘We Own It’ de Wiz Khalifa e 2 Chainz, que ademais é parte da banda sonora do filme Fast & Furious.

En definitiva, é unha playlist que non podes deixar de escoitar e onde de seguro atopas a túa canción.

Séguenos en Spotify e non perdas a mellor música da man dos remeiros da Eusko Label Liga!

Voltar