Novas 2017

ESPECIAL

23 Xu˜ 2017

Ai, a Coroa!

Ai, a Coroa!

Estreamos o novo spot desta nova tempada que ten por protagonistas os soños que impulsionan aos nosos equipos a loitaren pola Coroa CaixaBank

A cada paso que damos, atopámonos con historias que van e veñen. Historias que teñen un proceso e un sentido dende a súa creación. Como é o caso do soño de todos os nosos protagonistas, que tras esas imaxes que nos brindarán ao longo de todo o verán, agochan un proceso de sacrificio e silencio, pero que chega acompañado de diferentes motivos e son estes os que os seguen a empurrar na súa batalla particular.

E precisamente, no spot co que inauguramos unha nova edición da máxima competición de traiñeiras, a Eusko Label Liga, os 12 clubs cóntannos que é o que os impurra a levaren ao límite ese soño de chegaren a se alzar coa Coroa CaixaBank. Unha Coroa, que ao igual que os remeiros, ten un longo e sacrificado proceso de creación para dar chegado nas mellores condicións posíbeis ao seu grande momento. E é que, tal e como reza o spot, as gorxas ansían cantar sen temor a afogaren de amor… Ai, a Coroa!

Voltar