ACT TV 2018

ESPECIAL

13 Set 2018

A XLVIII GP - XLIV Bandeira El Corte Inglés pechará a tempada

A XLVIII GP - XLIV Bandeira El Corte Inglés pechará a tempada

Domingo coñecerase o vencedor da Coroa CaixaBank e os clasificados logo do playoff da Eusko Label Liga e máis da Liga Euskotren

Mais un ano, a XLVIII GP - XLIV Bandeira El Corte Inglés porá punto e final á temporada da Eusko Label Liga. Máis un ano, unha das bandeiras máis clásicas do calendario será a encargada de pechar o curso da elite das traiñeiras. 

Domingo ás 11:45 horas en augas de Portugalete, os afeccionados terán a oportunidade de ver a entrega da Coroa CaixaBank ao gañador da Eusko Label Liga, e tamén de coñecer as embarcacións que se impoñan no playoff da Eusko Label Liga e tamén da Liga Euskotren. 

As dúas tripulacións que optan a un posto na elite feminina abrirán a xornada. Hondarribia Bertako Igogailuak e Donostiarra vogarán en formato de contra o reloxo con dous longos e 1 ceavoga, na orde inversa á clasificación da regata do día anterior en Bermeo. Logo desta regata coñecerase a vencedora do playoff e, daquela, a cuarta participante da Liga Euskotren 2019.

A segunda regata por desputar será o playoff da Eusko Label Liga. Tamén en formato de contra o reloxo, San Juan Sumelec, San José XV Astillero, Samertolameu Oversea, Lekittarra Elecnor e Ares partirán na orde inversa á clasificación do día anterior en Bermeo para realizaren 4 longos e 3 ceavogas cun total de 3 millas. Despois desta regata coñeceremos as dúas embarcacións que completarán a Eusko Label Liga do ano que vén. 

Tras dos dous playoff,  terán lugar as dúas quendas pola loita da XLVIII GP - XLIV Bandeira El Corte Inglés. En formato de liña participarán na primera quenda Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola. E na de honra farano Orio Babyauto, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Urdaibai Avia. Logo destas dúas regatas procederase a coroar coa Coroa CaixaBank o campión da Eusko Label Liga 2018. 

O vencedor da edición da bandeira do ano pasado foi Urdaibai Avia e o mellor tempo rexistrado na proba teno Castro, que no ano 2009 parou o crono nun tempo de 18'58"70.

Consulta o dossier da regata

Voltar