ACT TV 2014

ENTREVISTAS

27 Ago 2014

A Liga San Miguel navega en Portugalete a ritmo de basket

A Liga San Miguel navega en Portugalete a ritmo de basket

A tempada achégase ao seu punto final coa disputa da decimosexta xornada da Liga San Miguel en Portugalete

Este sábado a Liga San Miguel voltará navegar en Portugalete a partir das 18.00 horas con motivo da disputa da decimosexta xornada da tempada, e por iso hoxe se celebrou o acto de presentación da XXXIII Bandeira Nobre Vila de Portugalete - Mundobasket 2014 no Concello de Portugalete. Cómpre sinalar que, coincidindo coa disputa do Mundial de basket, a regata entrará tamén a formar parte do programa de actividades do encontro mundialista.


Así, as quendas desta regata estarán formadas en base á clasificación xeral da Liga San Miguel. Por iso, na primeira quenda remarán Pedreña, Urdaibai Avia, Astillero e San Pedro Ecolmare; na segunda quenda mediranse Zierbena Bahías de Bizkaia, Portugalete Eulen, Tirán Pereira e San Juan Iberdrola; por último, na quenda de honra vogarán Cabo, Kaiku Ambilamp, Orio Babyauto e Hondarribia Orsa, actual líder da Liga San Miguel. Nesta regata os 12 equipo deberán completar un total de tres millas náuticas, nas que enfrontarán catro longos e tres ceavogas en pleno Ibaizabal.


Á presentación de hoxe achegáronse Gabino Martínez de Arenaza, director de turismo da Diputación de Bizkaia; Ángel Anero, alcalde en funcións de Portugalete; e Javier González, presidente de Portugalete Eulen. Quixeron salientar a importancia desta regata para o devir da Liga San Miguel, xa que aínda está todo por se decidir nestas derradeiras xornadas da tempada. E sobre todo quixeron animar, xa non apenas aos afeccionados ao remo, mais tamén a todos os visitantes que se acheguen a Bizkaia a disfrutar do Mundial, a se achegaren o sábado ás 18.00 horas a presenciar en primeira persoa esta regata que, tradicionalmente, conta con unha grande afluencia de público. 

Voltar