Novas

ESPECIAL

26 Feb 2020

A importancia dunha boa pretempada

A importancia dunha boa pretempada

Ander Zabala, remeiro e preparador físico de Santurtzi, revélanos as fases de preparación da traiñeira violeta de cara a Eusko Label Liga

A loita pola Coroa CaixaBank é cada vez máis e máis igualada, con varios equipos a competiren a un nivel moi similar, onde o máis mínimo detalle pode supór o éxito ou o fracaso. É por iso que a preparación física dos remeiros toma un rol tan importante na ecuación.

Unha boa preparación física na pretempada pode facer gañares ou perderes eses valiosos segundos que separan as traiñeiras da vitoria en cada unha das xornadas da Eusko Label Liga.

Ander Zabala, remeiro de Santurtzi, compaxina o seu labor dentro da traiñeira con ser o encargado da preparación física dos seus compañeiros. O remeiro biscaíno cóntanos os pormenores do traballo físico da traiñeira violeta.

Voltar