Novas

ASOCIACION

12 Feb 2020

A Eusko Label Liga, unha competición sen teito de cara o 2020

A Eusko Label Liga, unha competición sen teito de cara o 2020

A máxima categoría do remo de banco fixo consolídase como un referente do verán na cornixa cantábrica

Os 12 mellores clubs masculinos e os 4 femininos encóntranse no ecuador das súas pretempadas para que, en apenas 4 meses, volten porse na liña de saída e arranque a pugna pola Coroa CaixaBank. Logo dunha tempada histórica na que Orio conquistou o seu primeiro título en ambas categorías, os equipos reforzáronse cun altísimo nivel nas súas filas.

Para alén do nivel deportivo, a competición apropiase dunhas cifras televisivas que ano a ano van en aumento, rexistrando unha audiencia do 14% durante a tempada estival, e chegando a ter picos do 23% como no caso da regata de Hondarribia. Ademais, a Euskotren Liga é a única competición feminina no país retransmitida ao vivo na íntegra pola televisión, a través de ETB e TVG.

O seguemento da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga vai alén do deportivo; ambas competicións arrastran miles de afeccionados en escenarios tan emblemáticos como A Coruña, Getxo, Bilbao, Zarautz, Portugalete...

Voltar