Novas

ESPECIAL

28 Dec 2018

A Eusko Label Liga alíase con Cancún

A Eusko Label Liga alíase con Cancún

O Departamento de Turismo de Cancún e a ACT selan un acordo polo cal a batalla pola Coroa CaixaBank arrancará en augas do Caribe no 2019

Logo da Asemblea celebrada o pasado 15 de decembro en Orio, os socios da ACT deron o seu visto bo a unha das grandes novidades da Eusko Label Liga 2019.  Grazas ao acordo subscrito entre a ACT e o Departamento de Turismo de Cancún, a máxima competición de traiñeiras terá o seu punto de partida o vindeiro 15 de xuño no Caribe. Concretamente no Porto de Cancún, onde se dará o bandeirazo de saída a unha nova batalla pola Coroa CaixaBank. Será a primeira vez na historia que se despute nestas augas unha regata de traiñeras, un deporte que suscitou un grande interese no país mexicano.

O acordo, tal e como explica Ibon Huegun, Presidente de Orio Babyauto, xestouse grazas ao ex futbolista cancunés da Real Sociedad, Carlos Vela. “Imanol Agirretxe é un grande seareiro de Orio e hai un par de anos veu con Carlos Vela ver un dos nosos adestramentos. Vela apaixonouse deste deporte e abriunos as portas para que a Eusko Label Liga poida arrancar o ano que vén na súa cidade”, explica Huegun. Outro club que ten un aliciente extra é Santurtzi Iberdrola xa que “a afección da ‘Sotera’ exténdese por todo o planeta e en Cancún de feito temos a peña ‘La Sotera Cancunera’, polo que é unha alegría poder ir remar diante deles”, explica Julio Artetxe, Presidente do club santurtziarra.

Un acordo que se vén xestando de hai moito tempo e que, en palabras do Presidente da ACT, Borja Rodrigo, “atopámonos frente un día histórico que nos permitirá levar a augas mexicanas o noso deporte”. Nesta liña, Dani Vázquez, Presidente de Cabo, mira con satisfacción o acordo aínda que no seu caso “xa estamos a pensar en acudir no mes de marzo inspeccionar o campo de regatas e poder así facer uns adestramentos nesas augas”. 

Feliz Día dos Inocentes ;)

Voltar