Novas 2019

COMPETICION

05 Xul 2019

A Coruña agarda pola elite do remo

A Coruña agarda pola elite do remo

A Bandeira Cidade da Coruña porase en xogo mañá e o domingo tanto na Eusko Label Liga como na Liga Euskotren

A Praia de Riazor voltará esta fin de semana recibir as mellores traiñeiras do momento. As 12 embarcacións da Eusko Label Liga e as catro traiñeiras da Liga Euskotren pugnarán por se facer coa III Bandeira Cidade da Coruña e coa II Bandeira Cidade da Coruña, e tamén sumar así o máximo número de puntos tanto para a clasificación xeral masculina como para a feminina. 


Tanto na Eusko Label Liga como na Liga Euskotren, a suma dos tempos das dúas xornadas, que terán lugar mañá sábado ás 18.00 horas e o domingo ás 11.40 horas, será a que determine a orde final da clasificación xeral e, polo tanto, quen decante o gañador da bandeira. 


Como xa acontecera o ano pasado, ás 18 horas arrancará a terceira xornada da Liga Euskotren e neste encontro estarán presentes Hondarribia Bertako Igogailuak, Donostiarra, Orio Babyauto e Donostia Arraun Lagunak, a actual líder da competición. Sendo así, as catro embarcacións terán que cubrir unha distancia de dous longos estando colocadas as balizas interiores ao pé do espigón das Escravas. Inmediatamente despois da competición feminina, darase o bandeirazo de saída á quinta xornada da Eusko Label Liga. O campo de regatas contará con catro longos e tres ceavogas na Praia de Riazor. Sendo isto así, na primeira quenda remarán Astillero Repsol Electricidad y Gas, San Pedro, Lekittarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo. Na segunda quenda irán Kaiku, Cabo, Urdaibai Avia e Donostiarra. E xa na quenda de honra loitarán, Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi iberdrola, GO fit Hondarribia e o actual líder Orio Babyauto. Cómpre salientar que Urdaibai Avia conseguiu as dúas bandeiras que se desputaron na Coruña. 


Xa para domingo, o comezo da Liga Euskotren será ás 11.40 horas e despois será a vez da competición masculina cunha orde de saída inversa á clasificación do sábado. Cómpre salientar que a “Bou Bizkaia” se impuxo en todas as regatas (2017, 2018) que se desputaron na Coruña. Deste xeito, o ano pasado os “txos” rexistraron a súa marca do campo de regatas na primeira xornada da II Bandeira Cidade da Coruña nun tempo de 20’28”90.

Voltar