Novas 2018

ESPECIAL

23 Xu˜ 2018

A conta atrás rematou!

A conta atrás rematou!

Bilbao acollerá a primeira proba da Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank 2018

A espera chegou ao seu fin! Mañá comeza unha nova tempada chea de adrenalina onde as mellores 12 traiñeiras do momento se porán a proba ao longo de 19 xornadas para conseguiren a prezada Coroa CaixaBank.

Urdaibai Avia foi o vencedor da pasada campaña e parece que esta tempada tamén va ir a por todas para revalidar o seu título. Ademais deste club, as 11 traiñeiras restantes tamén van coa mentalidade de levaren a cabo unha brillante tempada e culminaren a Eusko Label Liga erguendo a desexada Coroa CaixaBank o vindeiro 16 de Setembro en augas de Portugalete coa XLVIII GP - XLIV Bandeira El Corte Inglés.

A primeira regata da tempada terá lugar mañá en augas de Bilbao coa IX Bandeira de Bilbao e como en anos anteriores, celebrarase en formato contra o reloxo. As traiñeiras de cada quenda sairán de minuto en minuto. Na primeira atópanse os dous clubs ascendidos, Donostiarra e Santurtzi Iberdrola, canda Cabo e San Pedro. Na segunda loitarán Ondarroa Cikautxo, San Juan Sumelec, Zierbena Bahías de Bizkaia e Tirán Pereira e na quenda de honra estarán GO fit Hondarribia, Kaiku Producha, Orio Babyauto e o campión da pasada Eusko Label Liga, Urdaibai Avia.

De todas as edicións desputadas desta bandeira, hai que salientar a regata que se desputou no ano 2014, cando GO fit Hondarribia marcou o mellor tempo da historia da Bandeira de Bilbao, con un tempo total de 19’20”68. Tamén cómpre salientar que este foi o club que máis veces venceu nesta proba. Logo de catro anos seguidos ondeando esta bandeira (2012, 2014, 2015 e 2016) a pasada liga foi Urdaibai Avia quen a conseguiu.

Sen dúbida o espectáculo está asegurado para os seguintes meses de verán, estás preparado?

Voltar