ACT TV

ESPECIAL

17 Xul 2019

A competición chega á casa dos líderes

A competición chega á casa dos líderes

O sábado desputarase en Orio a Orioko XXIX. Estropadak - VII. Orio Kanpina Bandera da Eusko Label Liga e a VII. Orio Kanpina Bandera da Liga Euskotren

Unha regata en Orio sempre é especial polo feito de chegarmos a unha das localizacións máis míticas do remo dentro das nosas fronteiras, onde os balcóns se engalanan con bandeiras amarelas e os afeccionados sempre saen á rúa animaren ao seu equipo. Este ano, a isto engádeselle o feito de que o equipo anfitrión, Orio Babyauto, logo dun inicio incríbel lidera a día de hoxe a Clasificación Xeral da Eusko Label Liga. Pero isto non remata aquí, xa que a regata da Liga Euskotren tamén se desputará en territorio das líderes da competición.

A regata voltará desputarse en formato de liña catro longos e tres ceavogas para as traiñeiras da Eusko Label Liga e dous longos e unha ceavoga para as embarcacións da Liga Euskotren. A composición das quendas para esta proba estará definida pola Clasificación Xeral da Eusko Label Liga. Deste xeito, San Pedro, Astillero Repsol Electricidad y Gas, Lekittarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo formarán parte da primeira quenda. Na segunda quenda remarán Kaiku, Cabo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Por último, os encargados de vogaren na quenda de honra serán Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Babyauto.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación da Orioko XXIX. Estropadak - VII. Orio Kanpina Bandera no Camping de Orio. Nela estiveron presentes Anuska Esnal, alcaldesa de Orio; e Ibon Huegun, presidente de Orio Babyauto.

Voltar