Novas

ASOCIACION

23 Mar 2019

A ACT pon rumbo a unha nova tempada

A ACT pon rumbo a unha nova tempada

Os socios aprobaron os calendarios da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren 2019

Os representantes dos clubs da Asociación reuníronse hoxe en Bermeo para celebrar a segunda sesión do ano. Unha Asemblea na que se deron pasos adiante cara unha nova edición da máxima categoría do remo.

A aprobación do calendario foi un dos puntos importantes da sesión de hoxe, na que se deu luz verde aos encontros das dúas competicións organizadas pola ACT. A Eusko Label Liga contará con 20 encontros que levarán os doce clubs a competiren pola ansiada Coroa CaixaBank. Pola súa banda, a Liga Euskotren voltará contar de novo con 14 regatas para as catro aspirantes a reinaren na competición feminina.

En outra orde de cousas, os socios da ACT aprobaron o orzamento para o exercicio de 2019 proposto pola Xunta Directiva. Por último, procedeuse á aprobación de Lourdes García como nova responsábel do Comité Técnico. Na súa traxectoria cómpre salientar que Lourdes ten formación en Psicoloxía deportiva e experiencia en arbitraxe tanto de banco móbil como de banco fixo no máximo nivel, incluíndo regatas internacionais e mundiais.

Así que rematou a sesión, Urdaibai Avia na súa condición de actuais campións da Eusko Label Liga, convidou todos os asistentes á Asemblea a xantar no restaurante Eneperi.

Voltar