Novas 2019

ASOCIACION

30 Xan 2019

"A ACT ofrece estabilidade, cohesión e tranquilidade"

"A ACT ofrece estabilidade, cohesión e tranquilidade"

Borja Rodrigo analiza o pasado, presente e futuro da ACT logo de ser reelecto por unanimidade como máximo mandatario da Asociación

 

No pasado sábado celebrouse na sede que a ACT ten en Oiartzun a primeira Asemblea do ano na que, entre outros puntos, os socios someteron a votación a elección do Presidente. Unha votación que tivo un resultado histórico, xa que os 12 socios, de xeito unánime, reelixiron no cargo a Borja Rodrigo. “Conto cunha Xunta Directiva, un equipo de xestión e uns órgaos que me facilitan moito o meu traballo e, se non fose por esta compañía, un non daría o paso á frente”, explica Rodrigo. “E por suposto, contar co apoio unánime dos socios dache un grande respaldo e facilítate afrontar os vindeiros retos. Nese sentido, a ACT proxecta unha imaxe de estabilidade, cohesión e tranquilidade”, comenta o máximo mandatario da Asociación. 

Tampouco quixo esquecer un órgao capital como é o Comité Técnico e no que, despois de 16 anos ao frente, Eugenio Fernández non seguirá neste órgano. “Cómpre facer un especial agradecemento a Eugenio Fernández por tantos anos de dedicación, traballo e bo facer á frente deste Comité e que, sen dúbida, permitiu que a ACT teña gozado de tan boa saúde deportiva”, comenta Borja Rodrigo.

De cara o verán, Rodrigo adianta que se está a traballar “nun calendario de 20 xornadas, tratando de manter as catro regatas en Galiza e recuperando un dobre encontro en Cantabria”. Neste sentido, pon en valor “a positiva resposta de Concellos e marcas que nos permiten xerir un volume moi importante de xornadas privadas”. Por último, Borja Rodrigo fai unha declaración de intencións: “Estou a desexar que chegue o mes de xuño e lograr, un ano máis, ser o producto deportivo estrela do verán”, conclúe Rodrigo.

Voltar