Novas

ASOCIACION

24 Xan 2020

A ACT comeza o curso en Oiartzun

A ACT comeza o curso en Oiartzun

Primeira sesión asemblearia do ano este sábado para os socios da Asociación onde se dará a benvida aos dous novos integrantes, Zarautz Arraun Elkartea e CR Ares

Coa chegada do 2020, tamén comeza un novo curso para a ACT. Neste caso, os socios reuniranse o sábado a partir das 10:00 horas na sede da ACT en Oiartzun, para celebraren a primeira Asemblea ordinaria do novo ano.

Entre os puntos salientábeis desta sesión, atópase a de lle dar a benvida aos novos socios que obtiveron a súa praza no playoff de ascenso, desputado no pasado mes de setembro, Zarautz AE e CR Ares, o que fará perder a súa condición actual á SDR Astillero e Sanpedrotarra AE.

Voltar