ACT TV

ESPECIAL

17 Xul 2019

A 'Cara B' do remeiro

A 'Cara B' do remeiro

Hoxe coñeceremos os traballos de Mario Brión, remeiro de Cabo, e Jasone Mitxelena, remeira de Hondarribia Bertako Igogailuak

A que se adican os remeiros? O que fan cando deixan de remar? Os remeiros da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren adestran todos, ou case todos os días para tentaren conseguir durante a tempada de verán a maior cantidade de vitorias posíbel. Mais, moi pouca xente pode permitirse vivir exclusivamente do remo, o que fai con que a maioría destes deportistas teña que traballar durante o día para adestraren co seu equipo pola tarde.

Hoxe, na ‘Eusko Label Liga por Dentro’, coñeceremos as historias de dous deles: Mario Brión, remeiro galego de Cabo, e Jasone Mitxelena, remeira de Hondarribia Bertako Igogailuak.

Voltar