Novas 2018

ESPECIAL

15 Xu˜ 2018

Á procura da adrenalina

Á procura da adrenalina

A adrenalina é o que procurará o noso protagonista durante toda a súa vida, até que por fin descobre o remo

Falta pouco máis dunha semana para dar comezo á Eusko Label Liga 2018 e todo apunta a que esta tempada tamén estará cargada de adrenalina. E precisamente é isto, a adrenalina, o que busca o noso protagonista neste vídeo que vos traemos hoxe.

Trátase dunha peza audiovisual que, ademais de repasar o calendario da nova Eusko Label Liga e Liga Euskotren e mostrar os diferentes clubs que loitarán durante todo o verán, fala da historia dun mozo que desde que era pequeno procurou aquilo que lle producise emoción, e nunca o atopaba. Co paso dos anos proba todo tipo de emocións extremas, pero non logra que o remexan por dentro. Todo isto muda cando por fin descobre o remo, nese momento coñece o que é a adrenalina de verdade e fica enganchado para sempre.

Este vídeo non conta a historia de alguén en concreto, mais simboliza a todos os remeiros que ano tras ano buscan esas emocións en cada pada, esa adrenalina en cada segundo. Esta produción, que serviu para presentar a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren 2018 na pasada Gala, protagonizada por Fran Montes, remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia, desenvolvérona un ano máis os nosos amigos de Rekkam, co mellor equipo e as mellores ideas. Dalle a play e non perdas ningún detalle!

Voltar