Novas 2017

ESPECIAL

19 Abr 2017

"É importante a paixón, sí, pero ás veces fáltanos acougo"

"É importante a paixón, sí, pero ás veces fáltanos acougo"

Beni Silva, adestrador de Cabo, comenta para ACT TV o seu retorno ao equipo masculino

A batalla pola Coroa CaixaBank non adoita ser doada para un equipo de canteira. E Cabo de iso sabe xa que é un dos equipo que máis remeiros procedentes de categorías inferiores incorpora ao primeiro equipo ano tras ano. Tendo perdido sete titulares a respecto da anterior campaña, a actual tempada da Eusko Label Liga preséntase como un duro reto para a tripulación de Boiro.

Beni Silva releva a Gustavo Vázquez como preparador dos galegos. Pero o certo é que Silva non é un recén chegado a Cabo, pois antes de se pór ao mando da traiñeira feminina á que levou até a Liga Euskotren durante estes últimos anos, xa fora o encargado de dirixir a tripulación masculina na súa primeira etapa na máxima categoría do remo, ademais de previamente ter sido remeiro. Nesta segunda etapa, o preparador galego afronta sete baixas que foron suplidas por mozos canteiráns provintes da segunda tripulación. En calquera caso, Silva recoñece que malia isto, nunha situación ideal, o interesante sería dar toda o rodaxe posíbel aos máis novos na segunda tripulación xa que “fai falta máis tempo para formar a estes remeiros de xeito correcto antes de dar o salto a unha competición tan exigente como é a Eusko Label Liga”.

Ademais, comenta que este ano o modelo de traballo no inverno foi moito máis conversador e que un dos seus retos iniciais foi “rebaixar a tensión” que había no equipo e aportar aos seus un punto “de acougo”.

Voltar