Novas 2020

ESPECIAL

14 Feb 2020

LaLiga Business School achégase á Asociación de Clubs de Traiñeiras

LaLiga Business School achégase á Asociación de Clubs de Traiñeiras LaLiga Business School achégase á Asociación de Clubs de Traiñeiras

O ‘Master in Global Sports Marketing” que ofrece a LaLiga Business School achegouse a Orio para coñecer de primeira man o que é o remo

O prestixioso ‘Master in Global Sports Marketing’ impartido pola escola de negocios LaLiga Business School fixo unha parada na súa xira internacional por federacións e clubs de referencia da península, Inglaterra, India, Nova York, para coñecer o que é a Asociación de Clubs de Traiñeiras e no concreto, a Eusko Label Liga e a Euskotren Liga. Todo isto, no exemplo de Orio, tras o seu histórico logro da Coroa CaixaBank e o título de campioas na competición feminina.

O alumnado coñeceu as instalacións de Orio e puideron dar as súas primeiras padas en augas oriotarras coa axuda do experto Jon Urbieta. Logo desta actividade, da ACT mostróuselles unha visión xeral do funcionto da mesma, da súa historia, da súa relación cos patrocinadores e dos obxectivos da competición. E o peche da visita foi a cargo do adestrador do primeiro equipo de Orio, Jon Salsamendi, quen amosou a vinculación da vila co remo e a súa experiencia arredor deste apaixonado deporte.

Voltar