Novas 2018

ENTREVISTAS

24 Xu˜ 2018

Urdaibai Avia dá o primeiro golpe!

Urdaibai Avia dá o primeiro golpe!

A Bou Bizkaia leva a primeira regata desta nova edición da Eusko Label Liga en augas da ría de Bilbao

O vixente campión da Eusko Label Liga comezou do mellor xeito o seu camiño para tentar repetir os éxitos da pasada campaña. Os mozos de Joseba Fernandez levaron unha valiosa vitoria na contra o reloxo inaugural con un rexistro de 19’34”54, avantaxando en 2”02 a GO fit Hondarribia. Desta maneira, os primeiros 12 puntos da tempada estabelecense no casilleiro do equipo biscaíno. Ander Etxegoien, patrón de San Pedro, lucirá a vindeira semana o maillote CaixaBank ao Mellor Patrón cos tres puntos sumados na mañá de hoxe.

A ‘Bou Bizkaia’ mantivo unha dura pugna con GO fit Hondarribia, rememorando as grandes loitas protagonizadas por estes dous protagonistas en tempadas anteriores, na que os biscaínos saíron vitoriosos marcando un tempo de 19’34”54. Os remeiros de Mikel Orbañanos tiveron que se conformar coa segunda posición, ao chegar a 2”02 dos ‘txo’. Orio Babyauto foi sexto hoxe, con un tempo de 19’43”80, mentres que Kaiku Producha pechou a quenda e a clasificación a 48 segundos dos vencedores. Cómpre salientar que o equipo de Sestao recibiu unha sanción de 3” por guindar á auga un obxecto de dentro da traiñeira cando se dispoñían a preparar a saída.

Bo papel dos equipos debutantes nesta primeira regata onde Santurtzi Iberdrola estivo a piques de rachar, marcando o tempo a batir da primeira quenda. Os patroneados por Asier Zurinaga estabeleceron un tiempo de 19’36”88 que finalmente foi superado por pouco por Urdaibai Avia. Pola súa banda, Donostiarra clasificouse en quinta posición grazas ao seu rexistro de 19’42”84. Cabo, sétimo con 19’45”66, e San Pedro, noveno con 19’59”56, completaron a primeira quenda de hoxe.

Zierbena Bahías de Bizkaia marcou o ritmo da segunda quenda a partir da segunda manobra e estabeleceron o cuarto mellor tempo con un rexistro de 19’38”78. Ondarroa Cikautxo clasificouse en oitava posición a 17 segundos dos ‘galipo’. San Juan Sumelec e Tirán Pereira obtiveron a décima e onceava posición hoxe a 38”02 e 42”58 dos vencedores respectivamente.

A acción voltará á Eusko Label Liga o vindeiro 30 de xuño e 1 de xullo coa desputa da XXVII Bandeira Concello de Sestao o sábado e a XXXV Bandeira Petronor no domingo en Zierbena. Estas dúas xornadas tamén servirán para coñecer que catro traiñeiras vogarán esta tempada na Liga Euskotren.

Voltar