Novas 2014

DISCIPLINA

17 Xu˜ 2014

Comunicado oficial: Resolución final da xuíza de disciplina

Comunicado oficial: Resolución final da xuíza de disciplina

Impúxose ao Urdaibai unha sanción económica de 24.000 euros, a perda de 95 puntos na clasificación correspondente á tempada 2014, así como a non percepción dos premios correspondentes ás regatas de 2014 até que o club comece a ter puntuación positiva na clasificación de 2014

Mediante resolución da xuíza de disciplina de 17 de xuño de 2014 acordouse estabelecer que a entidade Bermeo – Urdaibai AE tería cometido unha infracción moi grave das normas de dopaxe prevista no art. 13 do regulamento antidopaxe da ACT en relación co art. 14.1º g) da Lei Orgánica 7/2006, de loita contra a dopaxe (vixente na tempada 2010 na que se produciron os feitos enxuizados).

Pola comisión da citada infracción impúxose ao citado club deportivo unha sanción económica de 24.000 euros, a perda de 95 puntos na clasificación correspondente á tempada 2014, así como a non percepción dos premios correspondentes ás regatas de 2014 até que o club comece a ter puntuación positiva na clasificación de 2014. Cómpre sinalar que a citada resolución pode ser recorrida ante o Árbitro da ACT tanto pola parte do club deportivo sancionado e/ou os seus integrantes, como por parte de calquera outra persoa ou entidade adscrita á Asociación.

O expediente disciplinario foi incoado igualmente a tres persoas físicas (José Manuel Francisco, Sonia Boubeta e Josu Zabalondo). Agora ben, como queira que tales persoas físicas deixaron de estar adscritas á ACT e non están integradas na Asociación na actualidade, resulta de aplicación o previsto no art. 7 apartado e) do regulamento disciplinario da Asociación que estabelece para tales situacións a suspensión durante tres anos do prazo para a extinción da súa responsabilidade disciplinaria.

Voltar