Patrocinio

remerosA Asociación de clubs de Traiñeiras nace o día 2 de xullo do ano 2003 cuns obxectivos claramente definidos nos propios Estatutos Sociais da ACT e que son:

  • Impulso e fomentar todo tipo de actuacións e iniciativas que contribúan ao progreso e desenvolvemento dunha actividade deportiva de gran arraigamento popular en toda a cornixa cántabro-atlántica, como son as regatas de traiñeiras.
  • A promoción cultural (tradición, medio natural, gastronomía, etc.) e turística da área xeográfica en cuestión.
  • O intercambio de culturas dos seus pobos a través da celebración de actuacións puntuais nas localidades onde se realizan as diferentes probas que conforman a súa competición, a liga San Miguel.

Partindo destas consideracións, e tendo en conta que, aínda sendo hoxe día as regatas de traiñeiras unha disciplina deportiva do remo, ben é certo que é o único deporte autóctono de Galicia e Cantabria, do mesmo xeito que o máis popular do País Vasco, que ten as súas raíces en actividades dos pobos pesqueiros e que xa que logo forma parte da súa historia e cultura. É polo que entendemos que é deber de todos o propiciar o seu maior coñecemento e fomento.

Entendemos que a súa empresa ou municipio pode estar presente dentro do calendario deportivo da liga de Traiñeiras patrocinando unha das regatas especiais da competición. Dispondo dun campo de regatas, o desenvolvemento da proba permitiralle na súa contorna un sen fin de posibilidades para a realización de actividades culturais e turísticas.

REGATA ESPECIAL:

Esta opción está enfocada cara ao Patrocinio da Regata Especial que formará parte do Calendario deportivo da liga San Miguel e que é puntuable para a clasificación final da Competición. A proba será televisada en directo para toda a cornixa cantabro-atlántica e leva consigo un gran despregamento de medios de comunicación dándolle á proba e á cidade a máxima notoriedade.

 

DEPARTAMENTO DE PATROCINIOS

943.49.34.07

info@actremo.com