Castreña

Historia

Patrocinadores do club
  • Ashland
  • Conservera
  • Ayuntamiento Castro urdiales
  • Evo Bus
  • Gobierno cantabria
  • Elite
  • Hotel restaurante arenillas

Aló polo ano 1847, chega a Castro Urdiales a primeira traíña, patroneada por un tal "Anduiza" e contra o que nun principio se podería supor, non ten que ver directamente coa actividade pesqueira, senon coa vixilancia e persecución dos contrabandistas ao longo da costa da Vila.

A partir de 1930 é cando a traíña de Castro consegue uns tempos meritorios como para a chamar "a invencíbel", patroneada por Dionisio Iriberri "Pelucu".

A Sociedade Deportiva de Remo foi formada por un grupo de amigos, sendo o seu primeiro presidente Juan Carlos Verde. O 30 de novembro de 1966, a SDR Castro participou na primeira regata non oficial co batel "Castreñuco", sendo patrón Chelín Lazcano.

1974 Constrúese unha nova traíña bautizada co nome "La Marinera" e a directiva da SDR Castro trae un home mítico do remo, Ignacio Sarasua (o Vello). Este ano gáñase o campionato provincial, a Copa del Generalísimo (Copa de España) e lógranse outros bons resultados.

Até 1997 La Marinera seguiu participando en todos os campos de regatas do Cantábrico, obtendo resultados variados, pero participando que é o máis importante.

1998, presidente Vicente Korta. A SDR Castro decide apostar forte e fichar a José Luis Korta como técnico, considerando que é o home adecuado para pór a La Marinera no lugar que sempre ocupou entre os mellores. O resultado desta decisión é que La Marinera, despois de 25 anos, está co pobo e o pobo con La Marinera.

O proxecto de José Luis Korta vai culminando de vagar. O apoio entre os afeccionados vai consolidándose, até o punto de na tempada de 2001 'La Marinera' completar unha campaña histórica, ao se facer coa vitoria nas tres grandes competicións nas que participa; o Campionato de España, a Liga Vasca e a Bandeira da Concha, xunto cun número importante de bandeiras que a sitúan como a traíña máis regular da tempada.

Na tempada 2007, finaliza o brillante ciclo de José Luis Korta cos castreños e comeza o novo de Juan Mari Extabe que pasa a formar un magnifico tándem co seu paisano Joseba Fernández, durante as campañas 2008 e 2009, como responsábeis do club vermello.

Son abondosas as Bandeiras obtidas durante estas campañas, poñendo o colofón na tempada 2009 ao vencer na Liga San Miguel de traíñas e conseguir a Corona Caja Madrid, batendo a marca de Bandeiras que ostentaba a traíña de Astillero. Estabelecendo o novo record en 13 vitorias de 17 regatas. Na tempada 2010 é Joseba Fernández o novo responsábel técnico da S.D.R. de Castro Urdiales.