Astillero

Historia

Patrocinadores do club
  • GOBIERNO DE CANTABRIA
  • AYUNTAMIENTO DE EL ASTILLERO
  • Fundación Fundaz
  • FERROATLÁNTICA
  • Propenor
  • VENTANAS ARSAN
  • CANALSA
  • OXITAL
  • COMULISA
  • HEWLETT PACKARD
  • Ecovidrio

29 de xuño de 1966, esta é a primeira referencia escrita sobre a constitución da Sociedade Deportiva de Remo Astillero. Van alá bastantes anos dende o inicio daquela aventura e participamos ininterrumpidamente na conformación do remo cántabro e español.

Resumimos a nosa historia e idiosincrasia coa seguinte frase:
"Somos o que fomos. O pasado é un trampolín que nos guinda cara o futuro, sen deixar de recoñecer que sempre seremos debedores dos nosos antecesores"- Ortega y Gasset

Campión da primeira competición da ACT no ano 2003. En 2005 volvería ganar a Liga ACT. Na tempada 2009 Astillero regresou á ACT despois de gañar a Liga ARC e lograr o ascenso nos Play Off ante San Juan e Samertolameu. Dende entón, Astillero encadeou catro anos consecutivos na máxima categoría, onde logrou un botín dunha bandeira na regata de Portugalete na edición de 2010. Nas dúas tempadas seguintes, os cántabros conseguiron ocupar o sétimo lugar, mentres que no 2013 lograron ir de menos a máis até o noveno lugar. 

Astillero encetou a tempada 2016 de xeito magnífico conseguindo a terceira posición en Sevilla, o que lle serviu para se manter entre os primeiros postos durante as primeiras xornadas. Ao final, os cántabros remataron a Liga San Miguel en sétima posición.

No 2015, o conxunto cántabro obtivo un noveno posto na clasificación xeral con 75 puntos. A mellor posición de Astillero foi un 5º posto, mentres que o peor resultado foi un undécimo. O equipo cantábro, a pesar das dificultades que tivo na pretempada soubo resarcirse e continuar un ano máis na Liga San Miguel.