Zarautz Inmob. Orio

Historia

Patrocinadores do club
  • Inmobiliaria Orio
  • Zarautzko Udala

A regata máis antiga da que se ten referencias e que se coñece en Guipúzcoa é a que disputaron as traíñas de Zarautz e Getaria o día 2 de maio de 1761. A saída da regata deuse á par da illa de "Umallarria" ou Mollarri en Zarautz e a chegada foi no porto de Donostia- San Sebastián. A tripulación de cada embarcación compoñíana 11 homes e a tripulación vencedora recibiría 100 escudos da traíña que perdera. Non se coñece, por desgraza, a gañadora desta regata denominada "Salea".

En 1983, Zarautz, sendo organizadora dunha das regatas máis importantes do Cantábrico, non tiña club de remo. En outubro dese ano fixeron os estatutos e escolleuse a Xunta Directiva do novo club de remo. Xanti Sánchez sería o primeiro presidente de Zarauzko Arraun Elkartea.

A primeira bandeira do club Zarauzko Arraun Elkartea gañouse en 1985 na categoría cadete co sonado "Txiki" Larrañaga de patrón.

O primeiro ano da Liga ACT, 2003, a traíña zarauztarra Enbata clasificouse sendo así unha das súas fundadoras. Este mesmo ano descendeu pero volveu ascender para ficar definitivamente na elite do remo de banco fixo.

N ano 2010 dúas traíñas compiten nas diversas competicións desta modalidade.
Unha na Liga San Miguel e a segunda na Liga ARC-2.