Orio Babyauto

Historia

Patrocinadores do club
  • Baby Auto
  • Orioko Udala
  • AVK
  • Transportes Indo
  • ZIPRI
  • Zirauna 2000
  • Villa Antilla
  • Novadiet
  • Katxiña Excavaciones
  • Inmobiliaria Orio
  • Easo Motor
  • Diputación Foral de Gipuzkoa

A primeira referencia oficial escrita da participación dunha traíña de Orio, remóntase ao ano 1879 na primeira edición das Regatas da Concha de San Sebastián. Foi no 1901, cando conseguiu o seu primeiro triunfo. No periodo que vai dende 1879 até 1932 os remeiros oriotarras compiten co nome da localidade, Orio. Dende 1933 até 1964 co de Emen-Gatoxtik-Orio. É en xuño de 1965, cando se crea o Club de Remo. Denominado 'Club de Remo Olímpico de Orio'. Sen desmerecer o grande palmarés nas modalidades inferiores, traineiriña e batel, centrarémonos na traíña, modalidade raíña e máis importante do banco fixo. Tal como nos indica o cadro-resumo, das 619 vitorias oriotarras, 300 corresponden á traíña, a destacar as 31 vitorias da Bandeira da Kontxa.

No que á ACT se refire, Orio sempre estivo pugnando entre os mellores por se facer coa Coroa, mais, até o día de hoxe, non conseguiu levala. 22 bandeiras nas 10 edicións nas que participou, dous segundos postos na clasificación xeral (2007 e 2010), tres terceiros postos (2006, 2008 e 2013), dous cuartos postos (2003 e 2009) e dous quintos (2004 e 2005). Cómpre sinalar que no 2012, despois do ano anterior ficar último na Liga San Miguel e descender á categoría de prata, conseguen gañar todas as bandeiras na ARC-1 e recuperan a categoría. 

A tempada 2015 para o club oriotarra non foi tan boa como a que se estaba á espera, obtiveron un 3º posto na clasificación xeral, pero foron moi irregulares durante a tempada. Malia todo, conseguiu dúas bandeiras e logrou 172 puntos na clasificación xeral.

Os aguiluchos conseguiron o quinto posto ao remate da temporada 2016 da Liga San Miguel, a piques de apañar o cuarto posto de San Juan. O mellor resultado de Orio na liga foi o segundo posto no mar de Portugalete.

No 2017 Orio mellorou o seu ranking a respecto do ano anterior, ficando en terceira posición. Orio levou a bandeira para a casa até en catro ocasións, o que os puxo perto da Coroa CaixaBank.