GO fit Hondarribia

Historia

Patrocinadores do club
  • GO fit
  • Orsa
  • Bertako Igogailuak
  • BM
  • AIA Altzairuak
  • NT2
  • Alkain
  • Ford Vertiz
  • Tabisa
  • Cadena SER
  • Digitarte
  • Pasquier
  • Hiruzta Txakolina
  • El Diario Vasco
  • Hondarribiko Arrantzaleen Kofradia
  • Boga
  • Endanea
  • Iparbus
  • Dinuy
  • Hotel Jauregi
  • Sarasola
  • Hondarribia Blues Festibala
  • Yola Berri
  • Urbycolan

1862: Primeira nova que se ten dunha participación de Hondarribia. Até 1881 Hondarribia non participaría nas regatas da Concha. A Traíña xa se chama 'Ama Guadalupekoa'. Tivo varios nomes a traíña hondarrabitarra até despois da guerra civil: 'Ondarrabittarra', 'Virxe do Mar', 'San Antonio', 'Ama Guadalupekoa', 'Elkano III'. O ano 1960 foi fundamental para a historia do remo en Hondarribia, xa que se funda o actual club "Hondarribia Arraun Elkartea". Chegaron os éxitos, gañando catro bandeiras da concha consecutivas (1965-68) da man de José Ángel Lujambio, gañáronse tamén dúas copas do generalísimo (1966 e 1968) e dous grandes premios do nervión (1967 e 1968).

Hondarribia é un dos tres clubs que se mantivo na máxima competición dende a súa creación. E dende entón conseguiu llevar 27 bandeiras, das cales oito chegaron en 2006, o que lles valeu para alzarense coa vitoria na competición e ser o único club guipuscoano, de momento, posuidor dunha Coroa. 

Se no 2014 obtiveron sete bandeiras, no 2015 o club hondarribitarra conseguiu 12 bandeiras. Tras superar a marca do ao pasado, a traíña da 'Ama Gudalupekoa' conseguiu a súa segunda Coroa "la Caixa" consecutiva. Obtivo un total de 217 puntos, a súa mellor puntuación no que respecta á Liga San Miguel.

No 2016, Hondarribia tivo que se conformar coa segunda posición na Liga San Miguel tras se ver superado nas derradeiras xornadas por Urdaibai. Aínda así a tempada dos remeiros de Mikel Orbañanos foi superlativa, vencendo en oito das primeiras once xornadas do calendario para un total de nove vitorias na tempada.

Despois dunha intensa loita contra os bermeotarras durante todo o verán, Hondarribia rematou a tempada do 2017 na segunda posición a apenas 5 puntos do vencedor.  Malia non levaren a Coroa CaixaBank, cómpre sinalar a boa tempada, en que demostraron ter un alto nivel deportivo.