Ondarroa Cikautxo

Historia

Patrocinadores do club
  • Cikautxo
  • Itsaskorda
  • Bizkaialde
  • Bodegas Heras Cordón
  • Ayuntamiento de Ondarroa
  • Diputación de Bizkaia
  • Seguros Bilbao
  • Infisport

Non podería entenderse a historia de Ondarroa sen se mencionar o que supuxo na vida cotidiana dos nosos maiores a práctica deste deporte, xa que Ondarroa, como toda vila mariñeira e pescadora, tivo épocas nas que o seu deporte consistía na pelota e o remo.

Pero cinxíndonos a datas concretas de Ondarroa, cuxa constancia escrita é fácil de cotexar.

Ano 1865. A primeira bandeira de regatas que se conserva no País Vasco, encóntrase en Ondarroa. É clara a súa inscripción: REGATA DE BILBAO CELEBRADA O 31 DE AGOSTO DE 1865. ÚNICO PREMIO DE HONOR. Esta bandeira consérvase, en moi bo estado por certo, na Cofradía de Pescadores de Ondarroa.

Ano 1887. Bilbao, entusiasmada co proxecto do seu grande porto, aproveita calquera oportunidade para crear interese no mesmo aos homes do poder. Un dos festexos máis rememorados é o das regatas. Con data 12 de setembro, celébrase a regata na que os dous primeiros postos conségueos Ondarroa. Tamén se conservan na Cofradía de Pescadores da nosa vila as dúas bandeiras desta regata.

Ano 1888. Desafío entre Pasajes e Ondarroa. Convense o percorrido comprendido entre Getaria e San Sebastián. A regata ten unha duración de 84 minutos e gaña Ondarroa con 15 segundos de diferenza.

Ano 1890. Desafío entre Donostia e Ondarroa. Din que Ondarroa ardía coa vontade de celebrar a regata e volcouse cegamente nas apostas. Debido a un tempo do demo, non puido celebrarse a regata até o día 2 de decembro. Ondarroa resultou perdedora. Foi un desastre para a nosa vila. Ondarroa non quixo asumir a derrota como limpa e foi esta regata a máis afervoada para ferir o amor propio dos ondarreses.

Ano 1898. Ondarroa con todas as consecuencias, preséntase ás regatas de San Sebastián. Era difícil manterse sen dar resposta aos continuos, despectivos e ferintes "convites". Presentouse coa traiñeira "Flora" patroneada por Manuel Beitia. Gañou destacada con 18 segundos de diferenza sobre Pasajes, e bastante máis sobre Getaria. Na segunda quenda foron primeiros os donostiarras, a 19 segundos de Ondarroa. Na Regata de Honor, vence Ondarroa, chegando Pasajes a 24 segundos. Ondarroa paseou orgullosa a bandeira, que restabeleceu a confianza nos seus hombres, rescatando o título de "Invencíbeis do Cantábrico".

Ano 1902. Nas Regatas Reais celebradas en Bilbao, preséntanse dúas traiñeiras ondarresas, ficando en primeiro e segundo lugar. Desta regata consérvanse tanto a bandera como fotografías de ambas tripulacións.

Ano 1925. Foron os mozos do Club Deportivo Aurrera os que encirraban e querían saír á loita. Os vellos arrantzales mostrábanse reacios. Había que manter o prestixio e a sona. Nada puido coas ansias xuvenís. Acudiuse a Portugalete e gañouse con limpeza.

Ano 1926. O suceso do ano anterior deu esperanzas e eliminou as reticencias dos maiores. Fíxose unha preparación seria e concienzuda para as dúas regatas do ano. A de San Sebastián e a de Portugalete. Setembro de 1926 será lembrado por todos os ondarreses que viviron aquelas datas e fica de exemplo para as futuras xeracións. En San Sebastián a "gabarra" "Antiguako Ama 1" gañou brillantemente o primeiro domingo e fixo o mesmo na Regata de Honra, con Pasajes distanciada en 17 segundos. Xa estaba a bandeira en Ondarroa e ficaban dous domingos de regatas en Portugalete. Ondarroa malia a resaca das festas populares polo éxito de San Sebastián, logrou clasificarse en primeiro lugar nas dúas xornadas. Todo o pobo fixo causa común coas regatas, até tal punto, que as dúas Confradías de Pescadores que levaban anos divididas, voltaron unirse.

O ano 1926 abre un longo paréntese, até que no ano 1973 o CLUB DE REMO ONDARROA enceta unha nova andaina que de momento cubriu os seus primeiros 43 anos de historia. Durante estes 43 anos, o Club de Remo Ondarroa centra os seus esforzos, non apenas no ámbito competitivo, mais tamén na realización dun labor social que nos leva a centrar grande parte dos nosos esforzos no fomento e desenvolvemento do deporte do remo entre a xuventude do noso pobo. Este labor social levounos a colaborar cos distintos centros educativos da localidade para que na súa programación da materia de Educación Física poidan incluír un apartado adicado ao coñecemento tanto técnico como teórico do deporte do remo.
No ámbito competitivo, a historia do Club de Remo Ondarroa poderiamos dividila en dúas épocas. A primeira transcorre entre os anos 1973 e 1988 e as condicións nas que se desenvolve son máis que precarias. Á escaseza de material para poder competir con un mínimo de posibilidades de éxito, cómpre sumar a falta dun pavillón de remo onde poder adestrar con normalidade. De feito durante estes anos, o Club ocupa uns locais sen medios deportivos e incluso sen duchas, baños e vestiarios.

No ano 1988, o Club de Remo Ondarroa, pode contar por fin con un pavillón municipal de remo que posibilita levar a cabo en boas condicións a preparación necesaria para a práctica do remo, así como a boa conservación do material deportivo do Club, algo que até entón non era posíbel. O feito de contar con este novo pavillón, fai que o número de mozos que se decide a achegarse ás nosas instalacións, vaia medrando e que isto se traduza nun número maior de remeiros, que sen dúbida fixo que o nivel competitivo do Club subira significativamente.

No ano 1993 chega unha grande vitoria para o club, nas festas San Antolin de Lekeitio, encetando unha época vitoriosa para o club, convertíndose no mellor club biscaino.

O ano seguinte, conséguense 5 vitorias, unha delas na casa, ademais da clasificación para a Bandeira da Kontxa. No ano 1996, o equipo logra a cuarta praza na Liga Vasca, conságrase campión de Bizkaia e logra un meritorio sexto posto na Kontxa. No ano 1997 decídese non participar na liga Vasca, competindo só na liga vizcaína, e gañándoa.
Malia estas vitorias durante varios anos, no 1998 o club vese obrigado a gardar a traiñeira debido á escaseza de remeiros, iso levou a que algúns remeiros que seguían activos competiran con outros clubs durante ese ano.

No 1999 retómase a andaina na Liga Vasca.

Estes anos nos que os remeiros ondarreses demostran a súa valía e fama, fan que equipos con maiores recursos económicos comecen a fixarse nos nosos remeiros, o cal implica que durante varios anos perdemos algúns dos mellores remeros. Así e todo, o club non desiste e durante varios anos segue a traballar duro sendo fiel aos seus valores de club. Logrando vitorias moi sonadas contra adversarios moi potentes, podendo salientar a Villa de Bilbao de 2001, a bandeira de Portugalete no ano 2001 así como o ano seguinte, ou a memorábel vitoria en augas castreñas tamén no 2001.

No ano 2009 dase un punto de inflexión na traxectoria deportiva do club. O equipo senior descende de categoría, pasando a formar parte da liga ARC2, este feito xera unha reflexión interna no club, da cal nace un novo proxecto deportivo que persigue encetar outra vez unha andaina exitosa. Para isto, os mozos que nos anos anteriores colleitaran grandes logros nos campionatos estatais de batel e traiñeriña pasan a formar o núcleo do equipo senior.

Tras un primeiro ano de aprendizaxe, no 2011 o equipo consegue o tan desexado ascenso, logrando ese ano 4 vitorias.

No 2012, o equipo comeza unha andaina á alza na cal vai escalando posicións ano a ano, sendo 9º en 2012, 6º en 2013, 4º en 2014 e 3º en 2015. Estes anos a traiñeira codéase cos mellores da liga, e roza a vitoria en varias regatas pero a primera vitoria non chega até o ano 2016. 

O 2016 é un ano histórico para o club, dado que se proclama campión da liga ARC-1 conseguindo a bandeira en 13 das 15 regatas. O equipo culmina un ano glorioso conseguindo o ascenso nos play-off de ascenso, no que se gañan as dúas xornadas. 

No 2017 remataron a tempada nun tímido oitavo posto, porén, o patrón da "Antiguako Ama", ïñigo Larrinaga, logra ser o segundo mellor patrón da Eusko Label Liga.

Na actualidade o Club ten máis de 80 remeiros e remeiras nas distintas categorías. Este é sen dúbida o capital máis valioso do que dispomos. Con esta base, é obxectivo primordial do Club facer parte no maior número posíbel de regatas, tanto de bateis, como de traiñeiriñas e traiñeiras, para deste xeito ir forxando as novas incorporacións, así como para dar o maior realce publicitario posíbel ás firmas comerciais que nos patrocinen nas vindeiras tempadas.

Queremos facer mención especial tamén ao labor que durante anos o club realizou no remo feminino, anos en que os éxitos en campionatos de bateis foron numerosos, e que na actualidade ademais de seguir tendo equipo feminino en todas as categorías, o club segue a se esforzar para poder ter nun futuro próximo unha traiñeira feminina.

Agora, coa nosa “Antiguako Ama” na liga ACT, esperamos seguir moitos anos escribindo a exitosa e longa historia do noso club.