San Pedro

Historia

Patrocinadores do club
  • Euroservipesca
  • Kepa Deun Kofradia
  • Gipuzkoako Foru Aldundia
  • Pasaiko Udala
  • Pescados Salvio
  • Coexpe
  • Pasaiako Izotza
  • Pescados Ginés
  • Ander Arraindegiak
  • Sidras Bereziartua
  • Cooperativa de Transportes del Puerto de Pasajes
  • Pasaiko Portua
  • Magiao Sport
  • Begihaundi Taberna
  • Infisport
  • Elektra

Pasai San Pedro é, de sempre, unha das grandes potencias do remo de banco fixo. Os seus dous momentos de maior esplendor déronse, o primeiro, dende mediados da década dos anos 20 do pasado século até a Guerra Civil; e o segundo, dende a segunda metade dos oitenta até case o final dos noventa. Só Orio o supera no palmarés xeral da bandeira da Concha, onde obtivo 15 triunfos, o primeiro no 1880 e o último no 1994. Seis deles foron consecutivos (1927-32, inclusive) o que supón un record que ninguén conseguiu bater nos últimos 77 anos, unha plusmarca que levou a sinatura do grande patriarca Manuel Arrillaga Arzak, Aita Manuel. Ascendido por primeira vez á Liga San Miguel no 2006, San Pedro foi mellorando rápido ano tras ano, até completar no 2009 unha grande campaña, na que se proclamou subcampión ligueiro, despois de obter dúas bandeiras.

A partir deste momento, os sanpedrotarras continuaron unha liña regular na zona media da táboa e, sen pasar apuros, mantendo a categoría, ficando en varias ocasións ás portas de aumentar o seu palmarés de bandeiras na máxima competición. 

A tempada 2016 foi complicada para San Pedro, remando na primeira quenda durante case a totalidade da tempada, rematando así en décima posición e con unha quinta praza na regata de Zumaia como mellor resultado.

O 2017 tamén foi un ano dificil para este club. Melloraron un posto no ranking final, na 9º posición ao remate da tempada. Malia o seu esforzo, o seu mellor resultado foi un sexto posto na Orioko XXVII. Estropadak e os sétimos postos abundaron ao longo da tempada, ficando nesta situación en cinco ocasións.