Urdaibai Avia

Historia

Patrocinadores do club
  • Umpro
  • avia
  • Bermeoko Udala
  • Enagas
  • CIA Europea de Tunidos
  • Echebaster
  • Bizkaialde
  • Eneperi
  • Campos
  • Impesca
  • Anabac
  • Nautical
  • Bizkaiako Foru Aldundia
  • Rafrinor

Urdaibai Arraun é un club de remo cuxa finalidade é a potenciación do remo na zona de Urdaibai. Co fin de lograr unha tripulación de traíña que fora competitiva cos que tradicionalmente foron destacados neste deporte, reuníronse os clubes de remo de Elantxobe, Mundaka e Bermeo, sendo estes clubs os membros fundadores e actuais compoñentes de Urdaibai Arraun.

A Sociedade fundouse no ano 1992 mais foi no 1999 cando comezou a competir en probas de banco fixo, sendo dende entón a súa traxectoria deportiva altamente exitosa. Dende que Urdaibai desembarcara na máxima competición, que coincidiu con o arranque da Liga, seempre estivo pelexando polas grandes cotas e é un dos tres equipos que sempre permaneceu na Asociación. Pero ademais de todo isto, os da ‘Bou Bizkaia’ a día de hoxe son o equipo con máis bandeiras no seu haber, un total de 42 bandeiras e adxudicándose catro veces a Coroa no 2044, 2007, 2008 e 2011. Sendo o único club que, até hoxe, conseguiu o póker de vitorias. 

No 2015 o club bermeotarra foi a segunda tripulación con maior número de bandeiras obtidas, despois da 'Ama Guadalupekoa' que se mostrou intratábel durante toda a tempada. Porén, lograron rematar en segunda posición a clasificación da Liga San Miguel e consiguiu proclamarse campión da regata de 'La Concha'.

A dupla Liga San Miguel - Concha e nove vitorias foi o resultado dunha grande tempada 2016 de Urdaibai na que os de Bermeo tiveron unha traxectoria ascendente.

Na tempada do 2017 proclamáronse campións da Eusko Label Liga por sexta vez. Foi de novo un ano memorábel para o club de Bermeo.